Logo do paso dunha fronte durante a xornada anterior a chegada de aire frío e a inestabilidade marcarán o tempo do xoves. O ceo estará parcialmente nubrado, con chuvascos, máis probables no norte e zonas de montaña. A cota de neve estará sobre os 1100 metros, subindo progresivamente aos 1300 metros no interior de Galicia. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados, con intervalos fortes ao principio no litoral e zonas altas do interior.
O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá, 2 a 3 metros á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:51 | 3.7 m |
Baixamar | 07:58 | 0.5 m |
Preamar | 14:09 | 3.9 m |
Baixamar | 20:21 | 0.4 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:47 | 3.5 m |
Baixamar | 07:52 | 0.8 m |
Preamar | 14:06 | 3.6 m |
Baixamar | 20:18 | 0.6 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:45 | 3.7 m |
Baixamar | 07:55 | 0.4 m |
Preamar | 14:04 | 3.9 m |
Baixamar | 20:14 | 0.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)