A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) informou dos gañadores nos premios da primeira semana da Campaña de Nadal da ABE na que participan todos os socios da patronal. Trátase de Mari (por facer a súa compra en Drolim), Daniel Tubío (por facela en Furancho Boiro), Delfina (Mercafrutas), Ángel Tubío (Deportes Sr. Balón) e Ricardo (Cetárea Ángel Mar). A ABE aproveitou para lembrar que o vindeiro luns 20 será o segundo sorteo, tamén de 5 premios de 100 €.

A entrega dos premios todos xuntos realizarase ao final da campaña.
O calendario de sorteos é o seguinte:
-Sorteo 1 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 4 ao 12 de decembro >> sorteo o 13 de decembro
-Sorteo 2 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 13 ao 19 de decembro >> sorteo o 20 de decembro
-Sorteo 3 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 20 ao 26 de decembro >> sorteo o 27 de decembro
-Sorteo 4 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 27 de decembro ao 2 de xaneiro >> sorteo o 3 de xaneiro
-Sorteo 5 – 1.000€ ( 1 premios de 1.000 €)
Detalles da campaña
Na Campaña de Nadal deste ano participan os 190 negocios asociados á entidade. A iniciativa seguirá o camiño deixado pola campaña de verán, que resultou un éxito dende todos os puntos de vista, poñendo en práctica o mesmo sistema de rexistro de tíckets e facturas online. A ABE correrá con todos os gastos da campaña. O presidente Daniel García salientou que “será a primeira vez dende hai mais de 25 anos en que non se repercutirá ningunha cota especial aos socios con motivo da súa participación na campaña do Nadal”.
Os premios increméntanse nun 33% respecto do ano anterior xa que serán sorteados 3.000 € en vales de compra para utilizar nas empresas asociadas, repartidos en 4 sorteos semanais de 500 € (5 premios de 100 €) e na última semana da campaña 1 sorteo de 1.000€ para un único gañador. Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos 190 socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.