Xa está dispoñíbel, en dous formatos, o Calendario Solidario 2022 de Misela

13 Decembro 2021

A Asociación Misela de persoas con diversidades funcionais e cognitivas, con sede principal en Noia, comunicou que xa está á venda o seu Calendario Solidario 2022, unha publicación da que podemos ver xa o making-of nas redes sociais para facernos unha idea do importante traballo que houbo detrás para darlle forma.

O calendario vén con dous tamaños: formato grande (5€) e formato pequeno (3€).

As persoas interesadas en facerse cun exemplar poden encargalo a través de Whatsapp no número 604 051 225 ou por mensaxe directa nas redes sociais de Misela. O domingo 12 de decembro a asociación estivo na porta do Concello cun stand onde foron distribuídos os produtos da entidade, entre eles o Calendario Solidario e a Lotería de Nadal. A entidade noiesa comunicará nas redes as vindeiras datas nas que está previsto volver poñer o stand.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.