Venres con tempo revolto en Noiteboa

23 Decembro 2021

A xornada de Noiteboa será un día de inestabilidade atmosférica. Con esta situación, agárdanse intervalos nubrados con chuvascos, localmente treboentos, máis intensos no litoral atlántico. As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou sufrirán lixeiros descensos. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral.

O sábado 25 non se agardan cambios significativos para o día de Nadal, con Galicia na influencia das baixas presións. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes e intensos ás primeiras horas e que irán a menos co avance do día. As temperaturas continuarán sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior, moderados na costa.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 4 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 7 á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 6 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:371.1 m
Preamar06:573.3 m
Baixamar13:151.1 m
Preamar19:243.0 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:281.1 m
Preamar06:473.3 m
Baixamar13:081.1 m
Preamar19:183.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:321.1 m
Preamar06:523.3 m
Baixamar13:111.1 m
Preamar19:213.0 m

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.