Vai de Roda celebra en Rianxo o Festival de Nadal este 19 de decembro

18 Decembro 2021

A Asociación Vai de Roda vai ofrecer este domingo 19 de decembro unha das grandes citas festivas da tempada no concello rianxeiro: o seu Festival de Nadal. Será ás 18.00 horas no Auditorio de Rianxo. A reserva de entradas pode facerse a través do correo vaiderodarianxo@gmail.com ​​​​​​​ou no teléfono 698133962. Será novamente unha cita coa música e o baile tradicional da nosa terra.

Vai de Roda, para quen non o saiba, é unha asociación xurdida hai case dúas décadas para “promover e divulgar a música e o baile tradicional galego, así como todas aquelas formas de expresión que estes leven asociados (tecidos, vestimentas, costumes…)”. Ao seu abeiro impulsouse unha escola de música e baile tradicional que é xa un referente no Barbanza e Galicia no ámbito formativo e dinamizador. Este legado divulgador e dinamizador é unha das claves dos seus festivais, entre os que se atopa o de Nadal.

Outros artigos

Fondo pesar polo pasamento de Xesús Alonso Montero

O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo aos 97 anos, deixando tras de si unha traxectoria decisiva na configuración da crítica, da historia literaria e do pensamento galeguista contemporáneo. A Real Academia Galega, da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.