Unha cea do Nadal de médicos residentes agrava un brote de covid con 26 contaxios do Hospital de Santiago

15 Decembro 2021

Aínda que os contaxios comezaron no servizo de Anestesia a primeiros de mes, en tan só dúas xornadas confirmáronse 11 casos tras unha festa á que acudiron 120 médicos residentes.


O Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS) comezou a realizar un cribado a todos os seus médicos residentes tras o brote de covid que afecta xa a 26 profesionais deste centro e que, aínda que se iniciaba no servizo de Anestesia a primeiros deste mes de decembro, viuse agravado por unha festa á que o pasado 7 de decembro asistiron uns 120 médicos residentes nun coñecido restaurante da capital de Galicia.
Unha cea que, segundo informan fontes da área sanitaria de Santiago-Barbanza, descoñecía a dirección do hospital e que xerarían, de momento, 11 contaxios detectados nos dous últimos días, entre quen, aínda sendo contacto estreito dos primeiros casos detectados, acudiron á citada festa.

MENSAXE DA XEFA DE MEDICINA PREVENTIVA

O que conlevou as críticas da xefa do servizo de medicina Preventiva do CHUS que nun escrito remitido aos xefes de servizo pregúntase “Como podemos esperar responsabilidade por parte da poboación xeral se o persoal sanitario con maior formación non cumpre sequera a recomendación de limitación social e de mobilidade para os contactos estreitos de risco?”, para concluír que “Desgraciadamente será o sistema sanitario -e a sociedade no seu conxunto- o que absorba o custo destes comportamentos de risco, que xerarán baixas prolongadas en período crítico, como o que iniciamos, e centos de probas diagnósticas custosas; por non falar do evidente risco sanitario destes comportamentos”.

E todo isto a pesar das advertencias realizadas desde a Dirección do centro sanitario compostelán para que se evitasen este tipo de festas con asistencia masiva, facilitando que se propagou un brote “polo incumprimento da indicación de precaucións dos contactos estreitos, que están exentos de corentena estrita pero non de limitación de mobilidade e vida social”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.