Toxo Telecom e PhotoILike, distinguidas por AJE Coruña nos seus Premios Emprende Coruña

07 Decembro 2021

Comezou decembro e seguimos falando de recoñecementos a iniciativas empresariais destacadas da nosa terra, dándose a circunstancia de tratarse de novas distincións a iniciativas tecnolóxico-dixitais. Na noite deste 4 de decembro, na Finca Montesqueiro de Oleiros, a asociación AJE Coruña entregou os galardóns da doce edición do seu Premio Emprende Coruña. Foron dúas grandes distincións que se repartiron do seguinte xeito: o Premio Iniciativa Empresarial 2021 recaeu en Toxo Telecom, operadora de telecomunicacións con sede en Ribeira, e o Premio Iniciativa Emprendedora 2021 foi dar a PhotoILike, empresa posta en marcha por investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Coruña.

Ademais, entregáronse tres accésit: a Dagga, á Innovación; Voltaxe, á Creación Empresarial; e o de Responsabilidade Social a Ruteart.

Javi Fontaíña, de Toxo Telecom, recollendo o premio de AJE Coruña

Toxo Telecom

O premio á operadora de telecomunicacións de Ribeira outorgado pola delegación da Coruña da Asociación de Empresarios Novos (AJE) foi recollido por dous dos fundadores de Toxo Telecom, Manuel Caamaño e Javier Fontaíña, que agradeceron o apoio dos seus clientes ao longo destes anos de traxectoria empresarial e tamén tiveron palabras de agradecemento para o xurado, “que se fixou en nós para outorgarnos un premio que sen dúbida nos deixa moi contentos, e máis tendo en conta o importante potencial dos restantes participantes”.

Ademais do galardón, Toxo Telecom recibiu a posibilidade de cursar un máster na Escola de Finanzas da Coruña, cuxo valor ascende a uns 9.500 euros.

Toxo Telecom, para que non o saiba, é unha operadora galega posta en marcha en 2018 por emprendedores de Ribeira, centrada en ofrecer servizos avanzados de telefonía móbil e, tamén, dende 2019, fibra óptica FTTH para os fogares e as empresas, con todos os servizos que isto implica: por exemplo Intenet de alta velocidade (que vai dende os 100 Mbps a máis de 600) e servizos de TV con múltiples caJnles e funcionalidades.

PhotoILike

Polo que se refire a PhotoILike, é unha empresa nacida no seo da empresa de base tecnolóxica Artificial Intelligence Indestia, participada pola UDC. Trátase dun sistema de Intelixencia Artificial destinado ao mercado inmobiliario co obxectivo de seleccionar as imaxes con maior impacto comercial. Os investigadores do CITIC que forman parte deste proxecto son Juan Jesús Romero, Adrián Carballal, Francisco Cedrón e Nereida Rodríguez.

PhotoILike é capaz de determinar cal é a imaxe máis atractiva dentro dun conxunto, a partir de máis dun millón de enquisas realizadas a particulares nas que se avalían diferentes imaxes inmobiliarias mostradas nos anuncios dos portais web. Así, mediante a combinación de técnicas de aprendizaxe de Intelixencia Artificial, a ferramenta permite elixir mellor as imaxes a incluír no anuncio, xa que proporciona o impacto medio de cada unha tendo en conta a súa calidade, valor estético e efecto comercial.

PhotoILike xa é utilizado por milleiros inmobiliarias para aumentar as visitas nos anuncios, conseguindo incrementar ata un 300 % as visitas en anuncios nos portais Idealista, Fotocasa e Milanuncios.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.