Stop Deshaucios Barbanza alerta de dúas novas familias en risco en Ribeira

17 Decembro 2021

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza vén de poñer no noso coñecemento a complexa situación pola que están a pasar dúas familias de Ribeira.

Unha destas familias atópase na actualidade tentando acadar unha moratoria dos seus pagos hipotecarios ao Banco Santander, co que actualmente intenta renegociar o desembolso das cotas mensuais e acadar deste xeito un respiro nas mesmsa, ao abeiro da aplicación do Código de Boas Prácticas Bancarias. A familia ten como únicos ingresos os 1.100 euros da pensión de xubilación e teñen que seguir abonando os case 700 euros mensuais de cota hipotecaria.

Outra familia tivo estes días unha comunicación do Xulgado de Guernica, en Biscaia, pola cal que vai proceder á poxa da vivenda que teñen en Euskadi, concretamente na localidade de Ondarroa. Esta vivenda fora hipotecada pola familia para recibir un préstamo de face a emprender un proxecto empresarial que, co tempo, xeroulles importantes débedas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.