“Simplemente pensar” – José Manuel Pena

22 Decembro 2021

Nos últimos séculos a maioría dos cambios e revolucións sociais comezaron nas universidades e entre os máis novos que se rebelaron para poder garantir un futuro moito mellor e máis xusto. En España, temos elevadas taxas de paro xuvenil; un incremento de situacións de vulnerabilidade e exclusión social; unha emigración ao estranxeiro para atopar o primeiro emprego e poder gozar dunha mellor calidade de vida; apenas temos a garantía dunhas futuras pensións dignas, e mentres todo isto sucede, onde están os nosos mozos?

Seica xa nada importa e deixámonos arrastrar pola corrente? A maioría de pais e avós xa nin sentimos avergoñados de que a maioría dos nosos fillos e netos teñan que vivir peor que nós e nunha sociedade con menos dereitos sociais. Que fixemos tan mal para “aturar” á clase política que temos? Podemos seguir mirando para outro lado mentres o poder económico e financeiro marcan as pautas do público e as directrices da acción política dos nosos gobernantes?

Como nos pode parecer algo normal o gasto público destinado para o rescate bancario e no entanto poñamos en dúbida a necesaria aplicación dunha renda básica ou unha renda mínima de subsistencia para os cidadáns máis indefensos? Que nos está pasando? Seguro que non é un simple malestar xeral ou “arrefriado”, por iso deberiámonolo facer mirar e sopesar a posibilidade en dedicar un pouco mais de tempo a reflexionar e a pensar, simplemente a pensar. Seguro que nos iría moito mellor.



 

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.