Servizos Sociais de Ribeira reparte produtos de Nadal aos bancos de alimentos do municipio

23 Decembro 2021
Ana Barreiro participou na entrega de alimentos a Cáritas de Aguiño

A Concellería de Servizos Sociais de Ribeira, ao abeiro da campaña Nadal Solidario, está a colaborar con distintas organizacións benéficas do termo municipal que contan con banco de alimentos ou iniciativa semellante, destinando unha partida de comestíbeis e doces propios desta época para que sexan entregados as familias usuarias.

Esta semana iniciouse o reparto destes produtos, dirixidos a un cento de familias residentes no municipio que se atopan en situación conxuntural de crise sobrevida, carecendo de recursos económicos suficientes e dos medios necesarios para facer fronte ás necesidades básicas. Esta acción é complementaria doutros recursos das administracións local e autonómica, que manteñen coordinación directa con estas organización para a derivación aos servizos públicos daquelas situación familiares ou persoais con necesidade de atención social.

A concelleira de Servizo Sociais, Ana Barreiro Rego, que colaborou na entrega, quixo agradecer publicamente “a mostra de solidariedade da sociedade ribeirense, que está a quedar patente nestes días con múltiples colaboracións con estas entidades para complementar a dotación dos Banco de Alimentos”. Tamén quixo manifestar a súa gratitude a todas estas entidades “polo labor desempeñado ao longo do ano e en especial nestas datas para que non falten agasallos e doces de Nadal nas mesas das familias mais vulnerábeis do noso concello”.

Esta acción é complementaria a outras actuacións realizadas dende ou Departamento Municipal de Servizos Sociais, dende o cal se vai facer entrega dun agasallo de Nadal aos nenos e nenas integrados en programas socioeducativos que o Concello imparte ao longo do ano.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...