Rianxo será un fervedoiro de actividades culturais este Nadal

17 Decembro 2021

En Rianxo o Concello fixo un esforzo especial por celebrar unhas festas de Nadal que terán un importante compoñente cultural e creativo e que servirán tamén para reivindicar o comercio local e a fidelidade da cidadanía cos seus establecementos.

As actividades arrincan este venres 17, no Centro Sociocultural-Auditorio ás 21h coa pre-estrea da curtametraxe Devoradora de nenos de Fran X. Rodríguez. Organiza o Concello de Rianxo.

O sábado 18 o Cemiterio e a Casa da República de Isorna acollen un acto colectivo de homenaxe ao sacerdote e poeta local Faustino Rey Romero no centenario do seu nacemento. Organiza a Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero e a Comunidade de Montes de Isorna, coa colaboración do Concello de Rianxo. Na mesma xornada o Auditorio acolle un concerto da Orquestra de Cámara de Galicia.

Ao día seguinte, domingo 19, o Auditorio dá acubillo ao Festival de Nadal da Asociación Vai de Roda.

O xoves 23, o Centro Sociocultural-Auditorio acollerá ás 20.30 horas un concerto de Víctor Bouzas Cuarteto. Esta actuación abéirase ao IV Ciclo de Novos Intérpretes que organizan a Escola de Música de Rianxo e Concello de Rianxo.

Os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, a praza de Castelao será o escenario da Carpa de Nadal, que estará operativa en horario de 16:00 a 19:00 horas con obradoiros, actividades multimedia, espazos de xogos,… A carpa acollerá diversos espectáculos. Por exemplo unha función de clown e escapismo a cargo de Pajarito (A vida tola) o domingo 26 ás 19.00 horas, ou o concerto Consertasso na horta a cargo de Brais das Hortas, o xoves 30 ás 19.00 horas. Organiza e promove: Concellería de Desenvolvemento Local, Comercio e Emprego do Concello de Rianxo.

O domingo 26, o Auditorio de Rianxo acollerá o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo, ás 20.30 horas. Organiza: Escola de Música de Rianxo. Colabora: Concello de Rianxo.

O mércores 29, o Auditorio dará acubillo ao concerto infantil Tecendo Soños, coa soprano noiesa Esperanza Mara e co pianista Alfredo Susavila. Será ás 18:00 horas. Organiza: Concello de Rianxo

O mércores 5 de xaneiro, a Cabalgata dos Reis Magos percorrerá durante todo o día as parroquias do concello rianxeiro. Pola mañá: percorrido por Leiro, Isorna e Asados. Pola tarde: percorrido por Araño, Taragoña e Rianxo. Organiza: Concello de Rianxo. Colaboran: entidades asociativas, empresas e particulares do Concello.

Os eventos organizados polo Concello de Rianxo deben solicitarse as reservas na web www.concelloderianxo.gal/reservas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...