Retómanse as obras para o remate da construción do Centro Social de Carreira

20 Decembro 2021

O Concello de Ribeira informou de que este luns 20 de decembro a empresa adxudicataria retomou as obras encamiñadas ao remate do Centro Social Multiusos de Carreira e a súa urbanización exterior: unha intervención que segundo lembra o Goberno local ficara paralizada de resultas do expediente contraditorio establecido entre a devandita empresa (Degalle Construcciones S.A) e a dirección de obra “por diferencias de criterio relacionadas coa climatización da instalación”, cuestión esta que “xa foi solucionada”, engade o Concello.

De xeito paralelo, o Executivo de Manuel Ruiz obtivo unha ampliación no prazo de execución da Deputación, posto que a obra está financiada no marco do Plan de Acción Social da institución provincial. “Froito destas negociacións o prazo de execución queda ampliado ata febreiro de 2022, fai saber o Concello, mostrando a súa confianza en que “este sexa o último dos atrancos experimentados por unha intervención arquitectónica que rexistrou numerosos imprevistos”. Neste punto, o Concello explica que as instalacións foron obxecto xa de “cuantiosos actos vandálicos provocaron a renuncia do anterior adxudicatario” e obrigaron ao Concello a modificar o contrato para incorporar as eivas ocasionadas e a impulsar un novo procedemento de contratación, co conseguinte adiamento.

O Goberno sinala que o proxecto técnico que se está terminando de executar (e que comporta un investimento de 260.082 euros, IVE incluído), inclúe o remate das instalacións, revestimentos interiores e exteriores e carpintería interior, así como a urbanización do entorno mediante a demolición de parte dos muros e escaleira existentes para a construción dunha nova escaleira que comunicará os dous niveis do espazo público. A infraestrutura, de 268 metros cadrados útiles de superficie, vai estar formada por dous volumes unidos, un dos cales consistirá nun local diáfano capaz de aloxar diferentes actividades da comunidade e o outro dará cabida a unha cafetería e aos servizos comúns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.