“Quen coida ao coidador?” – Manuel Domínguez

19 Decembro 2021

Nadal, Noite boa, fin de ano, Reis.

Nestas festas mentres uns están reunidos coa familia, gozando de exquisitos manxares, da felicidade de estar todos unidos, ti enfermeira permanecerás de garda, atendendo aos teus enfermos, ti doutora traerás esa nena á vida e sorrirás, dás por valido ese día.

Ti bombeiro esperas que ese día non pase ningunha desgraza, para cos teus compañeiros, nesa sala de descanso, pasar o mellor momento posible.

Policía, desexas que esa noite pase en silencio sen alarmas, pero sabes que non.

Militares no seu posto de garda.

Eu deséxovos unha boa garda, e este ano que se aveciña, que se cumpran as vosas ilusións.

Ás coidadoras da residencia, que tan belo labor facedes todo o ano, acórdome de vós, meritorio labor.

O mais triste, podo visitar unha residencia, regalar unha orquídea ou uns bombóns, dar un bico na fazula, acariñar o seu rostro, prestarlle o mellor dos meus panos, para secar esas bágoas, pois non son as miñas caricias que a señora necesita, son bicos e caricias ausentes, son palabras que non chegan, é o eterno bico esperado, é ese porqué?

Un porqué, que eu non podo responder.

Só podo axudarche a chorar en silencio, pero somos dous e iso non chega, e con tanto lido ou estudado, non teño resposta, non entendo ese por que.

A foto que mostro foi tomada en Vilagarcía, a señora ten moitas dificultades para camiñar, pero nese día asollado o esposo axúdaa pasiño a pasiño, pásalle a man polo van, e o primeiro quilometro comézase co primeiro paso.

Diremos que bo home, que bo esposo, pero eu preguntareime, que boa nai foi, que boa compañeira de viaxe, e el en gratitude, en xusta correspondencia, comparte coa súa amada este día asollado.

El lembrará cantos momentos de felicidade ela lle regalou, agora só é a semente que frutifica.

A folla convértese en flor, e esta namorada convértese en froito.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...