Portos investiu case 400.000 euros na mellora dos peiraos flotantes do Freixo (Outes)

02 Decembro 2021

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 395.000 euros nunha actuación de mellora integral das instalacións flotantes do peirao do Freixo, no municipio coruñés de Outes. Así o confirmou na mañá deste 2 de decembro a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha visita á dita contorna para comprobar o desenvolvemento dos traballos que se atopan en execución.

Lenguas explicou que Portos está a desenvolver unha actuación conxunta de construción, ampliación e mellora de peiraos flotantes en oito portos da provincia da Coruña. Estes peiraos son os do Freixo, Corme, Pontedeume, Fisterra, Muros, Miño, Betanzos e Corcubión e a obra conta cun orzamento total de 1,4 millóns de euros.

A presidenta de Portos lembrou que a semana pasada deron comezo as obras correspondentes ao porto do Freixo que consisten na renovación integral das ditas estruturas flotantes que dan servizo a máis de 350 embarcacións. Nelas procederase á renovación dos pavimentos con madeira tecnolóxica. Ademais, renovarase a rede de subministro de auga e electricidade, dotaranse de alumeado e instalarase un sistema de apertura de portas dos pantaláns a través do teléfono móbil.

Os traballos completaranse coa instalación de escadas abatíbeis de subida aos peiraos desde o mar; o balizamento dos extremos dos mesmos, así como o saneado de pilotes e limpeza de flotadores, entre outras reparacións puntuais. Finalmente, Portos de Galicia instalará un bolardo para impedir o paso de vehículos á pasarela de madeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.