Portos vai invertir 900.000 € nunha actuación de remodelación do porto de Palmeira para mellorar a súa accesibilidade e mobilidade

21 Decembro 2021

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron esta semana un convenio de colaboración entre ambas administracións para a conservación, o mantemento e a reparación das obras de remodelación do peirao de Palmeira, dependente da Consellería do Mar. Estas obras, que Portos ten previsto desenvolver na contorna portuaria da vila palmeirá, poñendo o foco na mobilidade e na accesibilidade, inclúen un orzamento plurianual de 900.000 euros e unha partida para 2022 de máis de 300.000 euros.

En termos concretos, a remodelación “permitirá renovar os materiais da urbanización do conxunto da zona, ampliar o espazo peonil, dotar o porto de zona de estancia e vista ao mar con bancada, instalar pasos de peóns elevados e mellorar a mobilidade cunha mellor regulación do tránsito rodado”.

En virtude do acordo asinado, o Concello de Ribeira, que participou neste proxecto desde a súa orixe elaborando a proposta de reordenación na que se basea o proxecto da obra, será o encargado do seu mantemento unha vez rematados os traballos. Con carácter previo ao inicio desta obra, nos vindeiros días Portos de Galicia procederá a executar unha actuación menor de ordenación do tráfico na zona.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...