Os portos de Vigo, Portosín, Malpica e Camariñas os mais prexudicados por posibles reduccións de cotas

09 Decembro 2021

A.Luaces.- O domingo e o luns próximos, o Co0nsello de Ministros de Pesca da UE vai decidir os TAC e cotas que rexerán o ano 2022 para os Estados membros que dispoñen de frota pesqueira. As previsións, de se cumprir, asignificarían unha perda en Galicia da orde dos 400 postos de traballo. A Xunta de Galicia xa remitiu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ao goberno andaluz un informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela que calcula o impacto socioeconómico que terían na frota galega os recortes das posibilidades de captura suxeridos para a pescada, o xurelo e o peixe sapo. 

A rebaixa dos Totais Admisibles de Captgura (TAC) e cotas dos últimos anos ameaza máis de 700 empregos desde o ano 2019 e 70 millóns de euros de facturación do sector, dos que a metade se perderían o vindeiro ano. Os maiores prexuizos corresponden á frota que captura a pescada, con  caídas de facturación de preto de 60o millóns de euros e a perda de arredor de medio milleiro de empregos malia ser das frotas máis especializadas e selectivas.
O segmento de frota máis afectado no caso do xurelo é o cerco, cos portos de Portosín, Malpica e Camariñas como os máis prexudicados; e no caso do peixe sapo o impacto afectaría principalmente á frota arrastreira de Vigo.Galicia xa entregou esta avaliación socioeconómica á Comisión Europea e agarda que sexa tido en conta nese Consello de Ministros de xeito que na fixación dos TAC e cotas se teñan en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e sociais.  

O Maior impacto afecta á frota dedicada á captura de pescada, cuxa facturación caería en máis de 23 millóns de euros no ano 2022 coa actual proposta de posibilidades de pesca. E as frotas máis especializadas e selectivas serían as máis vulnerables a estas baixadas de cotas xa que logo teñen unha maior dependencia dos recursos que capturan.No caso da pescada, as máis afectadas serían as de palangre e os volanteiros do Cantábrico Noroeste mentres que os portos máis prexudicados serían os de Celeiro e Burfela, onde o 71% e o 42% respectivamente das súas descargas se corresponde con esta especie.

Cos recortes en anos anteriores, as perdas de ingresos desde 2019 ascenderían a preto de 60 millóns de euros e a destrución de emprego roldaría os 500 postos de traballo, dos que máis de 200 serían o próximo ano.O sector pesqueiro galego xógase novamente o seu ser ou non ser: 64 das 81 ramas de actividade da economía galega están vencelladas ao ámbito marítimo pesqueiro.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.