Os maiores de Boiro reciben este Nadal chamadas de acompañamento dende Servizos Sociais do Concello

23 Decembro 2021

O Concello de Boiro non quere deixar soas ás persoas maiores do municipio nestas datas sinaladas. Así, a través do Departamento de Servizos Sociais, mantense activo este Nadal un servizo de chamadas de acompañamento para as veciñas e veciños de máis de 75 anos. Esta iniciativa comezou no ano 2020 co obxectivo de facer un seguimento da situación destas persoas por mor da COVID-19.

Coa chegada deste Nadal o Concello quixo tomar a iniciativa de contacto telefónico cos boirenses que segundo o padrón municipal de habitantes constan como empadroados sós e son maiores de 75. O obxectivo principal desta iniciativa é coñecer o estado dos veciños e veciñas e achegarlles información das axudas das que poden dispoñer no caso de que as precisen, principalmente en materia social.

O concelleiro de Servizos Sociais, Raúl Treus, fixo fincapé na importancia de que unha iniciativa que naceu durante a pandemia se manteña anualmente xa que “nos permite coñecer o estado dos nosos maiores e seguir contribuíndo ao seu benestar social”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.