Este sábado 11 de decembro haberá unha nova función de contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Desta volta, actuará a compañía Polo Correo do Vento coa función Mario pensaba que o galego no servía para nada….
A actividade será ás 12 do mediodía e para asistir é preciso facer reserva previa:
- Por medio dun correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal, co nome e apelidos das persoas que vaian asistir e un teléfono de contacto.
- Por teléfono chamando ao 981835650 de 9 a 14 h
Polo correo do Vento tráenos a historia de Mario, un neno que coñecía outros idiomas pero que non lle vía utilidade á súa lingua nai. Os ingredientes básicos son tres: narración, ilustración e música, para un espectáculo “no que o coñecemento do galego será clave para dar cun tesouro”. As aventuras rematarán cun obradoiro de debuxo.
A iniciativa forma parte do programa de dinamización lingüística da Deputación da Coruña Lingua a escena.




