Os apalpadoriños desembarcan en Rianxo este sábado 11

11 Decembro 2021

Este sábado 11 de decembro, ás 12.30 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá o espectáculo Os apalpadoriños, de Nelson Quinteiro.

Trátase dunha cita festiva e cultural dirixida a crianzas e familias. Pódense reservar localidades a través da web concelloderianxo.gal/reservas. Esta proposta forma parte da programación de Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Os apalpadoriños é “unha grande produción de danza, música e teatro” que conta cun sobranceiro elenco artístico formado por 11 artistas, entre músicos, actores, actrices e bailaríns entre os que se contan o acordeonista Álvaro Cardalda, o gaiteiro Iago Prieto, o percusionista e cantareiro Xan Pérez e o multiinstrumentista Nelson Quinteiro, amais dos bailaríns Iván Villar, Yohel Santos, María Cordeiro, Manu Albariñas, Laura Casas, o actor e clown Iván Davila, a actriz Adela Bértolo e a artista plástica Marta Quinteiro Villar.

En palabras do equipo responsábel do espectáculo, este achéganos a “un elenco multidisciplinar, de moitísimo talento e titulación e que de seguro fará as delicias do público infantil e que nestas festas levará a máis necesaria ca nunca ilusión do Nadal a prazas como Poio, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas, Touro, Valdoviño, á Cidade da Cultura de Galicia, Negreira e moitas máis nunha campaña de Nadal que se aveciña do máis completa e con máis de 30 representacións escénicas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.