“Obxectivo: A viabilidade do sector pesqueiro español”. Antón Luaces

12 Decembro 2021

Velaí veñen dous dìas esenciais para as frotas pesqueiras españolas e, nomeadamente, as galegas: este domingo e o luns, o Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea vai decidir o futuro inmediato (ano 2022) dun dos sectores que, en comunidades autónomas  como Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Andalucía, Canarias, o Levante, Cataluña e Baleares resultan indispensables: a pesca.

España rexeita as novas reducións de esforzo de días de pesca no Mediterráneo e reclama medidas como a selectividade -xa testadas por institutos científicos como válidas para a consecución dos obxectivos de recuperación das poboacións de peixes. Quere, tamén, a revisión das propostas sobre o Total Admisible de Capturas (TAC) e cotas 2022 para as poboacións do Atlántico, como a pescada sur e o linguado, e facer fincapé na súa preocupación polo forte incremento dos custos de produción, iniciativa á que xa se sumaron un total de 19 Estados membros. 
As comunidades autónomas xa saben de que vai a cousa porque o ministro de Pesca, Luís Planas, así o comunicou: a viabilidade do sector pesqueiro como obxectivo é fundamental e este Consello de Ministros vai decidir sobre asuntos tan básicos  para el que resulta impensable que se acepte sen máis determinadas reducións no TAC e nas cotas de pesca para o vindeiro ano.
España, na interpretación que o ministro Planas fai do estado actual das pesqueiras comunitarias, reitera o compromiso firme co plan plurianual do Mediterráneo para avanzar cara uns niveis de explotación sustentables e o cumprimento que se ven facendo de todas as súas disposicións. Defende as novas medidas de selectividade aplicadas por España para a recuperación dos recursos que nas súas primeiras valoracións están a dar resultados moi positivos, e que permiten equilibrar os obxectivos ambientais cos aspectos sociais e económicos e o mantemento da rendibilidade da frota. As medidas selectivas postas en marcha poden permitir acadar os obxectivos do plan plurianual sobre as especies demersais no Mediterráneo e, amáis, ten un menor impacto socio-económico sobre a actividade pesqueira.
Para o ministro español é necesario dispor de máis tempo para facer unha avaliación máis fonda sobre o resultado destas medidas antes de acometer recurtes tan drásticos  como os que propón a Comisión. Polo tanto, defenderá que se manteñan en 2022 as mesmas posibilidades de pesca que en 2021, sen aplicar novas reducións nos días de esforzo. (A Comisión propón para o vindeiro ano unha redución adicional do 7,5% nos días de esforzo, co que se acumularía un recurte do 25% nun período de tres anos). E propón asimesmo un réxime de esforzo para a frota de palangre e un TAC para a gamba vermella.No que atinxe ás posibilidades de pesca no Atlántico, resulta inasumible para España a redución dun 18,5% na cota da pescada sur que propón a  Comisión (a que está disponible na actualidade atópase en niveis críticos). Tampouco concorda España co enfoque de precaución aplicado pola Comisión, de se ter en conta os datos históricos dispoñibles para este stock, e solicitará o mantemento da cota actual en tanto a Comisión elabora un novo modelo de avaliación que vai realizar na próxima primavera. Se aplican tal redución, veríase comprometida a continuidade do importante número de buques españois (maioritariamente galegos) adicados á captura da pescada no Atlántico.O ministro vai solicitar tamén a revisión das propostas sobre recursos tan importantes para os intereses españois como o linguado, a cigala e o xurelo, e argumentará as recomendacións científicas que permiten a súa explotación dentro dos obxectivos do Rendemento Máximo Sustentable (RMS).
Todo isto é o que baralla o ministro Luis Planas. Calquera redución aceptada será negativa para as frotas -especialmente as do cerco e as que faenan en augas atlánticas- por máis que, como acontece a cotío, de se producir unha relativa diminución sobre a proposta comunitaria esta será entendida coma un trunfo español na negociación porque a UE non aplicaría o que A COMISIÓN FORMULARÁ.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.