O Rotogal Boiro Voleibol comprométese co proxecto Sana el Hoy

14 Decembro 2021

Ao proxecto Sana el hoy, programa educativo posto en marcha polo Concello de Padrón para promover unha alimentación e hábitos de nutrición saudábeis entre os nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria do CEIP Flavia e no CEIP Rosalía de Castro, véñenlle de saír dous grandes apoios deportivos de alto nivel: por unha banda o Mombús Obradoiro de Santiago e, pola outra, o Rotogal Boiro Voleibol.

Eloy Figueira Rial, docente do programa Sana el Hoy, impartiu catro sesións sobre alimentación e movemento acompañado polos xogadores do Rotogal Boiro Voleibol José Carlos Romero e Renan Levandoski (no CEIP Rosalía de Castro) e dos xogadores Gaby del Carmen y Gaspar Bitar (no CEIP Flavia), así como polo adestrador Marcelo Benavídez. Nelas, explicaron os beneficios dunha correcta nutrición á hora de combater a obesidade infantil e a diabetes temperá.

Eloy Figueira explica que “o proxecto pretende inculcar entre os escolares e os seus pais a importancia das boas prácticas nutricionais para conseguir unha boa saúde. As actividades inclúen charlas e accións didácticas cuxo obxectivo é transmitir recomendacións e advertencias nutricionais que axudarán tanto ao alumnado como ás súas familias a vivir máis e mellor”. Neste sentido, a concelleira de Cultura, Lorena Couso, sinala que “en Padrón decidimos centrarnos no alumnado de primaria xa que nesa franxa de idade é na que resulta máis sinxelo crear uns hábitos que poidan implantarse e seguirse durante toda a vida”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.