O Rotogal Boiro Voleibol clasifícase para a Copa a pesar de perder na pista do Arenal Emevé

04 Decembro 2021


Miguel Álvarez.- Xornada agridoce para o Rotogal Boiro Voleibol. Por unha banda, os da Cachada sumaron un punto en Lugo que serve para selar a clasificación para a Copa. Pero, doutra banda, caeron nun derbi de máxima igualdade e alternativas ante un Arenal Emevé que cometeu menos erros que os visitantes. Finalmente, os da cidade da muralla fixéronse cun axustado triunfo por 3-2.
A igualdade foi a tónica desde o inicio. Na primeira manga, o Rotogal Boiro Voleibol sacou proveito do seu acerto ofensivo para marcar diferenzas no tramo medio do set. Xestionou esa renda para golpear primeiro (20-25). Con todo, os visitantes baixaron o seu rendemento no segundo parcial, no que os erros na recepción e a irregularidade, combinados cos escasos fallos cometidos polo Arenal Emevé, propiciaron que os lucenses equilibrasen a balanza (25-23).
Ao Rotogal Boiro Voleibol custoulle meterse no partido no terceiro set e o Arenal Emevé aproveitou a situación para escaparse no marcador (15-9). Con todo, os de Marcelo Benavídez refixéronse e, aos poucos, foron achegándose no luminoso ata que conseguiron voltear o escenario e recuperar a dianteira (26-28).
Os visitantes dominaron o inicio do cuarto set. Pero, no tramo final, mesmo desperdiciaron unha bóla de partido (23-24). El Arenal Emevé aproveitou a súa seguridade no saque para enviar o encontro ao desempate (26-24). O Rotogal Boiro Voleibol, afogado polos erros na recepción e a irregularidade, acusou o golpe e foi moi inferior aos lucenses no quinto set (15-8).

Arenal Emevé, 3: Paradela, Alzueta, Loeches, Víctor Bouza, Aurelio Rodríguez, Bruschini y Mario
Dovale (líbero). También jugaron Anier Mariño e Raúl Villar.
Rotogal Boiro Voleibol, 2: Gaby del Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez,
Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). También xogaron Ismael Martínez, Pablo
Nieto, Cristóbal Álvarez e Alberto Tubío (líbero).
Sets: 0-1 (20-25), 1-1 (25-23), 1-2 (26-28), 2-2 (26-24) e 3-2 (15-8).
Árbitros: Diego Rodríguez y Rubén Sánchez.
Incidencias:
Partido disputado no Pavillón Municipal de Lugo ante uns 350 espectadores.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...