O risco por desbordamentos na contorna das concas de Galicia-Costa obriga a activar o Plan Inungal da Xunta de Galicia

07 Decembro 2021

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ven de activar o Plan Especial para risco de inundación en Galicia (INUNGAL), en situación de alerta, ante o posible desbordamento de varios ríos das concas Galicia-Costa.

Actualmente, os leitos que están baixo vixilancia son os do Xubia, en San Sadurniño; do Oitavén, en Soutomaior; do Verdugo, en Pontecaldelas; do Mera, en Ortigueira; e do Landro, en Viveiro. Segundo a información recibida mediante os sistemas de control e seguimento, ao superar os limiares establecidos, estes cursos están a presentar un crecemento significativos dos seus caudais, polo que poden chegar a darse enchentes puntuais.

De feito, o CIAE-112 Galicia tivo coñecemento, ao longo do día de hoxe, de incidencias nos concellos afectados polo Inungal, como é caso de Soutomaior, onde os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil efectuaron diversas saídas para controlar posibles inundacións no lugar de Comboa, así como retirar pedras e árbores que entorpecían a vía nas zonas próximas a Arcade ou Cortella. Outro caso foi o da localidade de Ortigueira, onde tamén se rexistraron chamadas ao 112 relativas a rúas alagadas en Miñeixa ou de incidencias de circulación, en San Xoán.

Así, desde o 112 Galicia, recórdase a necesidade de incrementar a precaución nas contornas e estradas próximas a pontes ou torrentes, xa que a suba repentina dos caudais pode xerar dificultades na circulación.

Outros artigos

Xoves 13, humidade e chuvascos e lixeira suba de temperatura

Este xoves, San Benigno, os ventos do suroeste achegarán unha elevada humidade a Galicia, deixando ceos grises e precipitacións febles. As chuvias serán máis probables a primeira hora no interior e, pola tarde, concentraranse na metade oeste da comunidade. As...

+

Mércores 13, teremos chuvascos nas primeiras e últimas horas do día

Este mércores, Santa Eulalia, teremo unha área de inestabilidade, con ceos con intervalos nubrados e chuvascos, máis frecuentes durante a primeira metade do día. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas permanecerán sen...

+

Martes 11, unha fronte fría traerá chuvias e descenso de temperaturas

Este martes, Nosa Señora de Lourdes, quedaremos baixo a influencia dunha pequena baixa situada preto do seu litoral, que provocará a chegada dunha fronte fría a partir do mediodía. Durante a mañá, as nubes irán en aumento e as chuvias farán acto de presenza na fachada...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...