“O Porto da Coruña á cabeza das axudas á recuperación económica e social” – Antón Luaces

29 Decembro 2021

Con 173,3 millóns de euros procedentes dos fondos europeos Nex Generation e os destinados á recuperación e a resiliencia, a Autoridade Portuaria da Coruña sitúase á cabeza de España no seu sector na recepción deses fondos concibidos para colaborar coa recuperación dos efectos sociais e económicos da COVID en toda a Unión Europea.

Debullada a cantidade, 2,3 millóns  proceden dos citados fondos Nex Generation para desenvolver nos vindeiros anos diversas actuacións en materia de sustentabilidade ambiental, tanto no porto interior como nas instalacións de Punta Langosteira (porto exterior). Desta cantidade, 1,7 millóns serán destinados á introdución de melloras na eficiencia enerxética das redes de subministración e alumeado, que se levarán a cabo ata 2024. Con esta axuda financeira, continuarase na liña de renovar o sistema de alumeado dos peiraos urbanos, con novos puntos de luz máis eficientes e a modernización dos centros de transformación.

Os 600.000 euros restantes van ser aplicados  a medidas protectora e correctoras enmarcadas na Declaración de impacto Ambiental do Porto Exterior, co límite temporal establecido en 2025. Na súa maior parte usaranse para continuar co traballo de vixilancia e intervención na contorna da dársena de Punta Langosteira, especialmente no coidado das praias. Estes 2.3 millóns de euros súmanse aos 171 millóns que tamén acadou a Autoridade Portuaria procedentes dos fondos comunitarios para a recuperación e a resiliencia, destinados a sufragar ao 100% as obras de acceso ferroviario a Punta Langosteira.

O financiamento europeo acadouse en coordinación con Portos do Estado e ven consolidar -dixo o presidente portuario, Martín Fernández Prado-  o proxecto “A Coruña Green Port”, que aglutina iniciativas públicas e privadas no ámbito da sustentabilidade, a innovación e os novos modelos enerxéticos. A Autoridade Portuaria da Coruña segue a traballar en novos proxectos que poidan ser financiados polos programas comunitarios.

Outros artigos

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.