O DOG publica as medidas do novo Plan de hostalería no que se prohiben as reunións en espazos públicos e privados entre as 3 e as 6 desde este venres ás 0 horas

30 Decembro 2021

O Diario Oficial de Galicia publicou na tarde deste xoves a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén se recolle a limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos pechados e en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, quedando limitados aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes entre as 3.00 horas e as 6.00 horas.

Tal como informamos en obarbanza.gal o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prohibir as reunións entre non conviventes, en espazos públicos e privados, entre as tres e as seis da madrugada, en toda a comunidade autónoma, desde as 00.00 horas do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e ata as 00.00 horas do próximo 18 de xaneiro. A sección terceira da Sala do contencioso-administrativo tamén permitiu á Xunta ampliar a todo o horario de apertura o requisito de presentar o certificado de vacinación ou de proba  diagnóstica negativa para acceder ao interior dos establecementos hostaleiros. Os xuíces entenden que a adopción destas medidas está xustificada polo “relevante risco” de transmisión da COVID-19 existente nestes momentos en Galicia.  

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.