O TSXG autoriza á Xunta a prohibir as reunións en espazos públicos e privados entre as 3 e as 6

30 Decembro 2021

O TSXG autoriza prohibir as reunións de non conviventes entre as tres e as seis da madrugada
 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prohibir as reunións entre non conviventes, en espazos públicos e privados, entre as tres e as seis da madrugada, en toda a comunidade autónoma, desde as 00.00 horas do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e ata as 00.00 horas do próximo 18 de xaneiro. A sección terceira da Sala do contencioso-administrativo tamén permitiu á Xunta ampliar a todo o horario de apertura o requisito de presentar o certificado de vacinación ou de proba  diagnóstica negativa para acceder ao interior dos establecementos hostaleiros. Os xuíces entenden que a adopción destas medidas está xustificada polo “relevante risco” de transmisión da COVID-19 existente nestes momentos en Galicia.  

O tribunal destaca no auto, notificado hoxe, que as medidas implican a restrición, “en grao mínimo”, de dereitos fundamentais, en relación “á forte salvagarda que se pretende do dereito á vida e á saúde”. Os maxistrados lembran que continuamos “nunha situación epidemiolóxica que determina un risco de transmisión do virus crecente, acentuada polo avance na prevalencia da variante Ómicron”. Ademais do “dano intrínseco” que está a ocasionar na poboación afectada, o TSXG advirte de que “ocupa progresivamente maiores recursos do sistema público de saúde de Galicia”.

Na resolución, os maxistrados fan referencia a estudos científicos que tiveron en conta á hora de ditar outros autos relacionados con medidas sanitarias que implican limitación ou restrición de dereitos fundamentais, pois aseguran que o informe remitido nesta ocasión pola Xunta de Galicia se atopa “completamente orfo de identificación dos informes e estudos que se empregan como base das afirmacións nel recollidas”. Os xuíces advirten ao Goberno galego que existe “ausencia de motivación na petición das medidas solicitadas”, o que lles obrigou a recorrer ao contido das súas anteriores resolucións, “única forma de verificar se as medidas propostas resultan idóneas, necesarias e proporcionadas”.

Dereito de reunión

En canto á prohibición de reunións entre non conviventes entre as tres e as seis da mañá, o TSXG subliña que se trata dunha restrición ao dereito de reunión que “non é absoluta”, porque “está vixente o dereito para persoas conviventes e acompáñase dun importante número de excepcións que o manteñen, por razóns laborais, sanitarias ou doutra índole”. E, ademais, recalca que se restrinxe durante o tempo “que habitualmente se emprega de forma maioritaria para o descanso nocturno”. Por estas dúas características, considera que “se pode falar dunha limitación tenue do dereito, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo”.

A Sala tamén considera que concorre a proporcionalidade entre o ben para protexer -a saúde pública- e o sacrificio do dereito de reunión debido ao empeoramento da situación epidemiolóxica na comunidade. Así, sinala que da “evidencia científica” dos informes que foron analizados pola Sala e que constan nas súas anteriores resolucións, inférese “a eficacia da medida proposta” para conter a transmisión do virus. Ademais, asegura que “non existe forma non farmacolóxica menos invasiva de conter a expansión do virus que limitando o número de persoas reunidas,  circunscritas, no caso de autos, a un período horario que  atenúa moito o sacrificio do dereito de reunión”.

Dereito á intimidade e á igualdade

En canto á ampliación da esixencia de presentar o certificado COVID-19 durante todo o horario de apertura dos locais, o TSXG sinala no auto que a medida pode supoñer, como declarou o Tribunal Supremo nunha sentenza do pasado 14 de setembro, “a limitación tenue dos dereitos fundamentais á intimidade e á igualdade, pola concorrencia coa necesidade dunha forte salvagarda dos dereitos á vida, á integridade física e á propia saúde”.

A Sala entende que esta extensión no horario -ata o de agora só se requiría a partir das 21 horas- dotará “de máis eficacia” á medida, pois “a situación de risco que se evidencia á hora de quitar a máscara para comer ou beber non é distinta en función da hora do día en que se produce”. O TSXG considera que a ampliación do control de acceso a todo o horario de apertura “non supón un sacrificio adicional substancial de dereitos que mereza unha ponderación diferente á xa realizada”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...