O documental sobre a historia de superación de Michael Künstler preséntase este venres en Ribeira

14 Decembro 2021

Estes venres 17 de decembro o escritor Michael Künstler e a súa muller Susana retomarán en Ribeira a presentación do documental baseado no libro autobiográfico Nunca sabes a dónde te lleva la vida. Farano ás 20:00 horas na Sala de Conferencias do Centro Cultural Lustres Rivas.

Trátase do documental Alquimia, cuando el dolor se convierte en arte, un proxecto das directoras Nuria Botet e Elisa Cuevas que naceu “para dar voz a persoas que tiveron un difícil pasado e que foron capaces de transformar a dor nunha experiencia creativa, compartíndoa cos demais”. Alquimia, segundo avanzan, “é unha verdadeira historia de superación que nos convida a reflexionar e a ser conscientes de como na vida unhas situacións poden levar a outras, de tal xeito que o noso mundo pode derrubarse coma as figuras dun dominó, sen que sexamos case conscientes diso”.

A vida de Michael Künstler

Michael Künstler é a súa vida son os eixes temáticos do documental, uns eixes que partindo do específico tocan de cheo cuestións universal. Fillo dun médico traumatólogo e dunha fiscal, Michael non atopou nos seus primeiros anos de vida nin o agarimo nin a familia que ansiaba. Na nenez e na adolescencia, os internados convertéronse no seu “fogar”. Logo, un desafortunado aborto truncou definitivamente os seus estudos de Medicina. Na lexión perde traxicamente ao seu gran amigo e un inesperado cancro de fase avanzada, ao que se enfronta con absoluta soidade, restaurou de xeito paradoxal a liberdade desexada por Michael, pero as drogas arrebatáronlla de novo levándoo ao abismo máis profundo, do que sae unha vez máis, “cunha forza inexplicábel”. A partir de aí, logo de sufrir un infarto e un derrame cerebral, comeza a percorrer as rúas de España, sen familia e sen fogar, onde é quen de descubrir o mellor e o peor do ser humano. Porén, mesmo nos peores momentos Michael fixo gala dunha férrea resistencia, e é este espírito loitador o que “fixo posíbel o que semellaba imposíbel”: escribir un libro e ser protagonista dun documental, amais de recuperar a felicidade da man de Susana, a súa muller.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.