O Conservatorio de Ribeira e a Aula Galega de Saxofón ofrecen catro concertos este Nadal

17 Decembro 2021

A sede do Conservatorio de Música Enrique Paisal, en Ribeira, vai dar cabida nos vindeiros días a catro concertos de Nadal, ofrecidos polo alumnado do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra, da Aula Galega de Saxofón e do propio centro.

O director Álvaro López, o coordinador da Aula de Saxofón José Fungueiriño, a profesora Ana Galloso e a concelleira de Educación Juana Brión deron a coñecer esta programación.

Este venres ás 19 horas actuará unha representación do departamento de piano Conservatorio Mayeusis no marco dun acordo de intercambio co conservatorio ribeirense que levará a alumnado do centro a cidade pontevedresa na segunda avaliación. O concerto será emitido por streaming a través da conta de Youtube do Conservatorio.

Xa o martes 21 ás 18.30 horas desenvolverase un concerto polo alumnado do propio Conservatorio Enrique Paisal. Tamén será retransmitido por streaming.

En canto á Aula Galega de Saxofón, ofrecerá dúas actuacións o sábado 18 (20.15 horas) e o domingo 19 (18.30 horas), con participación do alumnado, xunto a Xabier Casal, o novo profesor titular da iniciativa, e a pianista Hilomi Sakaguchi.

Dende Cultura do Concello explican que dado o limitado do aforo en principio está reservado aos acompañantes dos intérpretes pero aquelas persoas que estean interesadas en asistir poden escribir á conta de correo electrónico secretario.conservatorio@ribeira.gal ou chamar ao 981 873 204 por se quedasen sitios libres.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.