O Concerto de Panxoliñas na Igrexa de San Pedro de Tállara abre a axenda de Nadal en Lousame

17 Decembro 2021

A igrexa de San Pedro de Tállara acolle este sábado 18 de decembro o xa tradicional concerto de Panxoliñas do Concello de Lousame. O concerto, que comeza ás 19:30 horas, será de acceso libre. Participarán o grupo O Son do Pote así como o grupo de música formado polas alumnas e alumnos da Aula de Lousame da UNED Sénior.

Esta actuación abre a programación especial de Nadal do Concello de Lousame, que se desenvolverá sempre baixo as recomendacións das autoridades sanitarias vixentes no seu momento. Así, o martes 28 de decembro, ás 12:00 horas, terá lugar un contacontos de Nadal na Casa da Cultura. Trátase de Flipa cos contos de Nadal, da man de Fran Campos. Será de balde, previa inscrición a través de bandoticket.

Así mesmo, a sala de exposicións da Casa da Cultura acollerá dúas mostras durante este mes: Nos tamén fomos emigrantes, exposición de fotografías da Axencia EFE sobre a emigración galega que poderá visitarse ata o 26 de decembro; e As mulleres no mundo da maxia, unha serie de paneis informativos para mostrar o papel da muller no mundo da maxia que se poderá visitar desde o 27 de decembro. Ambas as dúas exposicións poden visitarse de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas, coa excepcións dos mércores nos que só hai servizo de mañá.

Reis Magos

Amais de todo o devandito, o mércores 5 de xaneiro terá lugar na Casa da Cultura unha recepción dos Reis Magos. As familias serán recibidas en quendas de 10 persoas, que disporán de 10 minutos para estar cos reis, tirar fotos, entregar cartas, etc. Para participar só é preciso reservar praza a través de bandoticket. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, explica que “o que pretendemos é que cada familia poida buscar a hora que mellor lle conveña para acudir a ver os Reis. Desa forma, evitamos aglomeracións e cadaquén pode desfrutar do seu tempo con Melchor, Gaspar e Baltasar”. As visitas terán lugar de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

Así, o Festival de Reis trasladarase ao sábado 8 de xaneiro e terá lugar en tres quendas de 150 persoas e dunha hora de duración. A primeira quenda terá lugar de 16:00 a 17:00 horas, tras media hora de desinfección das instalacións virá unha segunda quenda, de 17:30 a 18:30; e tras unha nova desinfección a derradeira quenda terá lugar das 19:00 ás 20:00 horas. Haberá parque infantil, xogos e ata unha churrería, xa que todas as persoas que asistan recibirán un vale por un chocolate con 5 churros. Coma no caso anterior, será preciso reservar praza a través de bandoticket.

Ola@Dusegard.se

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.