O Concello de Porto do Son dá o protagonismo ás nenas e nenos neste Nadal

21 Decembro 2021

O programa de actividades desenvolvido polo Concello de Porto do Son para celebrar estes festas de Nadal inclúe diversas unha manchea de citas culturais e de lecer para a rapazada, como por exemplo a representación da adaptación musical e teatral de O libro da selva, escrita en 1894 polo escritor inglés Rudyard Kipling e levada despois ao cinema por Walt Disney. Será este mércores 22 de decembro, a cargo de Teatro Avento Producións, no auditorio da Casa da Cultura a partir das 17.00 horas e da man do Concello e a Deputación.

Tamén cómpre marcar no calendario os Obradoiros de Nadal que o Concello organizará na Ludoteca do Son e na Casa da Cultura de Xuño e Portosín, os días 22, 27, 28 e 30 de decembro, así como o 3 e o 4 de xaneiro, en horario de 17.00 a 19.00. A través destes obradoiros, a rapazada terá unha oportunidade para divertirse e facer voar o seu talento creativo ao mesmo tempo que se lles achega ás nais e aos pais unha proposta de conciliación para este tempo de celebracións.

Amais, os días 24 e 26 de decembro, entre as 18.00 horas e as 21.00 horas, visitarán a vila os compoñentes da Charanga Os Santiaguiños de Padrón, que percorrerán as rúas dando unha viraxe divertida, explosiva e charangueira aos éxitos musicais máis destacados do momento.

Os nenos tamén poderán gozar dos inchables de Tiko Doko, o vindeiro 29 de decembro, cuxas atraccións estarán no Polideportivo de Santa Irene de Porto do Son en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Sen dúbida un dos momentos álxidos serán as visitas de Papá Noel e os Reis Magos, que percorrerán o municipio e visitarán á rapazada das parroquias. O día 23 será a quenda da ruta de Papá Noel, que comezará ás 10.00 horas e estenderase até as 20.00, cunha pausa para o xantar a partir das 14.00 horas (ata as 16.00). O día 5, o itinerario dos Reis Magos seguirá o mesmo traxecto polas parroquias. Podemos ver o itinerario nesta imaxe que incluímos a continuación.

Polo que se refire aos maiores do concello, está prevista unha xuntanza o día 26 de decembro no Club de Xubilados de Porto do Son, a partir das 18.00 horas. As inscricións están abertas para as persoas xubiladas do municipio na Área de Benestar até o 17 de decembro ou chamando ao 981 86 74 14, de 10.00 a 12.00 horas.

A maiores, o Concello organiza o 31 de decembro, na praza de España de Porto do Son, en horario de 18.00 a 21.00 horas, unha festa para recibir o novo ano (e despedir o vello) amenizada por DJ Cabina Móbil.

Outros artigos

Este venres comezan as festas patronais de Santa María de Roo (Noia)

Este venres 14 de agosto comezan as festas patronais de agosto, edición 2026, de Santa María de Roo (Noia), organizada pola veciñanza (comisión de festas) coa colaboración do Concello. Farano cunha gran verbena a cargo da Orquestra Panorama City e co acompañamento de...

+

Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura. Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.