O Concello de Boiro aposta de cheo por un Nadal solidario

10 Decembro 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Cultura e o grupo de voluntariado Turbina, comunicou a súa intención de celebrar un Nadal o máis solidario posíbel. Froito deste obxectivo, púxose en marcha unha iniciativa para xuntar recursos de primeira necesidade para as familias de Boiro a través do departamento de Servizos Sociais e as entidades Cruz Vermella e Cáritas.

Dende esta fin de semana en todos os centros sociais do municipio, así como nas actividades de cultura que se desenvolven durante o Nadal, haberá habilitados uns puntos de recollida de alimentos non perecedoiros para todas aquelas persoas que queiran colaborar. Ademais, converterase a carpa de actividades festivo-culturais nunha Carpa Solidaria, na cal, para acceder, será preciso aportar leite, aceite, galletas, conservas, legumes, pastas…

“Con esta iniciativa buscamos que nestas festas sexamos máis solidarios que nunca e que ningunha familia de Boiro pase necesidades”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral, quen lembrou que o Concello “traballa todo ano para atender a cidadanía en risco” e que durante o exercicio 2021 “ampliouse a partida destinada a gastos sociais, mediante unha achega da Deputación a través do POS+, ata 1.200.000 euros”. Con este investimento, dixo, ampliáronse e melloráronse servizos como son a axuda no fogar, emerxencia social, respiro familiar ou atención a persoas sen fogar.

María Outeiral nunha imaxe de arquivo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...