O Concello da Pobra entrega o aguinaldo do Nadal ás persoas que exercen como voluntarias

21 Decembro 2021

O Goberno municipal da Pobra do Caramiñal entregou este 20 de decembro os aguinaldos do Nadal das persoas que exercen o voluntariado na localidade, ben sexa a través da Protección Civil coma da campaña Agora é o momento!, que se estrutura nos ámbitos social, medioambiental, cultural e de benestar animal.

Foron así repartidos un total de 40 lotes de produtos típicos destas datas.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o concelleiro do Voluntariado, José Andrés Lojo (Nós Pobra), quixeron trasladar así o agradecemento do Concello polo compromiso e o labor altruísta de todas estas persoas que invisten parte do seu tempo en axuda-la veciñanza e beneficiar o conxunto da sociedade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...