O Cidade de Ribeira mantense líder

14 Decembro 2021

O Cidade de Ribeira segue a ritmo de cruceiro na Primeira Autonómica. Esta xornada a súa vítima foi a SD Esclavitud que viña no seu mellor momento despois de vencer en Agolada e empatar na casa fronte ao Taragoña, pero non foi quen de rascar algo na súa visita ao fortín da Fieiteira.
O partido foi de claro dominio local, sobre todo nunha primeira parte na que marraron numerosas ocasións, na súa maioría con disparos lonxanos. Sen embargo foi Silva, dos de Padrón o que tivo a máis clara, cun remate de cabeza que se marchou á madeira da protería defendida de Flori. Co resultado inicial chegábase ao tempo de lecer.
Na segunda metade, unha xogada de Abi por banda serviu para qque este lle cedera o balón a Anthony que estaba coa caña lista para pescar o balón e mandalo á rede para poñer o definitivo 1-0. Nos último minutos os visitantes intentárono con balóns directos ao área, pero apenas inquietaron a portería do Cidade de Ribeira. Con est resultado os de Santa Uxía marchan líderes con 23 puntos, tres máis que o Flavia.
No outro partido da xornada, o Unión non foi capaz de gañar, e xa van cinco encontros sen sumar de 3, contra o Val do Ulla. Despois dunha primeira parte igualada, á volta dos vestiarios, Julio Souto adiantaba aos locais, e Ismael Cerqueiras no 70 salvaba un punto para os de Asados que sabe a pouco. Con este empate os de Luisito sitúanse sextos con 16 puntos.
No Grupo da Costa o Volantes de Baño conseguiu sumar contra o Soneira, un dos favoritos ao ascenso. E iso que a piques estivo de sumar de 3, cando no 67’ Alejandro González cazaba un balón para adiantar aos de Muros. Pero cando parecía que a vitoria quedaría na casa, un gol de Lema no 87’ condenaba ao Volantes. Con este resultado os de Iván González mantéñense oitavos con 7 puntos.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.