O BNG demanda Incluír os concello da comarca de Muros e Noia dentro da Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela e o PP vota en contra

15 Decembro 2021

A deputada do BNG, Rosana Pérez demandou, a través dunha proposición non de lei “Incluír no convenio de colaboración entre a Xunta de Galiza e distintos concellos aos da comarca de Muros e Noia na da Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela e mellorar a conexión entre a comarca de Muros e Noia sobre todo con Boiro e A Pobra do Caramiñal”.  A proposta do BNG foi rexeitada polo Partido popular na comisión de Ordenación do Territorio

A  deputada do BNG lamentou que “unha vez máis” o Partido popular dera as costas á unha  vella demanda  e ironizou coa rapidez do Ave a Madrid fronte a “falta dun transporte axeitado na comarca do Barbanza”.

Na defensa da iniciativa, a nacionalista, explicou  que a Xunta desenvolveu un primeiro proxecto de mellora do transporte nas sete principais cidades de Galiza e no caso de Santiago de Compostela, o primeiro convenio de colaboración para a implantación dun grupo de medidas de fomento do transporte público tivo lugar no ano 2006 cun total de oito concellos da área compostelá  ampliado no ano 2010 a  once  e  finalmente,  a través  do Plan de Transporte Metropolitano de Galiza, en novembro de 2020 , “18 concellos conforman a Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela (ATM)”.

Para a deputada resulta “inexplicable” que no ano 2020 non foran incluídos concellos moi próximos á capital galega  que, ademais, levan anos solicitando formar parte da área metropolitana de Santiago como   Noia e a súa comarca, a zona de litoral máis próxima a Santiago que, a día de hoxe, padece numerosos problemas de mobilidade e falla de conexión en transporte público colectivo.

Por outra parte, engadiu na comarca de Muros e Noia un  gran número de persoas deben   viaxar dende os diferentes municipios a Santiago por motivos laborais, sanitarios, de estudos ou de ocio nun  servizo de transporte “moi deficiente” e  propio parlamento galego recalcou aprobou un acordo unánime , no ano 2017, co fin de  “iniciar un estudo para incluír a Noia na área de transporte metropolitano de Santiago” pero a día de hoxe, “continúa agardando por esa inclusión”.

Ademais, engadiu, a falla de conexión axeitada entre a comarca de Muros e Noia e a da Barbanza resulta un caso  “paradigmático do abandono e desidia” da administración.

Transporte insuficiente entre concellos

 Concellos como Boiro ou A Pobra do Caramiñal, remarcou  a deputada do BNG, gardan unha importante relación histórica, económica e social con Noia, sobre todo “laboral” coas ás  fábricas conserveiras de Boiro e A Pobra, e que distan apenas vinte minutos en coche, pero nun transporte  “cun só servizo directo ao día en cada dirección, ampliado a tres en períodos lectivos e sen conexión nas fins de semana”,  fan imposible a comunicación.

A paulatina redución de traxectos nos últimos anos fai que a conexión entre Noia e Boiro ou A Pobra sexa unha combinación case imposíbel  co  abandono do transporte público  por parte dos usuarios e usuarias que, na maioría das ocasións, acaban optando por  un circuíto dende Noia a Ribeira  e  á Pobra mesmo  con transbordo na Pobra para dirixirse a Boiro. É dicir, “unha ruta dende Noia a Boiro, de apenas 18 quilómetros e 20 minutos, convertida   nun auténtico rodeo  de 40 quilómetros e hora e media de duración”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...