O BNG de Ribeira lanza 15 propostas para aumentar as zonas verdes e mellorar a seguridade viaria e as instalacións deportivas

23 Decembro 2021

O BNG de Ribeira vén de propor unha batería de actuacións para aumentar zonas verdes no concello de Ribeira, así como para “mellorar instalacións deportivas e reforzar a seguranza viaria”. Son, en total, 15 contribucións que chegan, en palabras dos nacionalistas, “ante a nula vontade de diálogo por parte do Goberno local para consensuar a que se deben destinar 1.065.994 euros que concederá a Deputación da Coruña para o Plan de Obras e Servizos de 2022”.

O concelleiro, Luís Pérez Barral, indicou que “o Bloque solicita que a escolla das actuacións nas que se investirán os cartos procedentes da Deputación conten co dialogo e consenso de todos os grupos que da Corporación. E engade: “A día de hoxe non se nos convocou a ningunha xuntanza para acordar nada, parece que PP-PSOE están cómodos co seu pacto e impedirán que as propostas doutros grupos poidan prosperar”.

As propostas aglutínanse en tres grandes bloques; aumento das zonas verdes, mellora dos espazos deportivos e reforzo da seguranza viaria nas parroquias. Para o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, “incluímos actuacións que directamente nos pediron veciñas e veciños e necesidades importantes que cómpre atender”.

Con respecto ao aumento das zonas verdes propoñen implementar un plan, Reverdecer Ribeira, que se complemente co acondicionamento de dous parques infantís para dar acubillo ás familias cando chove, coa construción de dous aseos públicos en Ribeira e coa rehabilitación do Lavadoiro de Gude en Artes como espazo de ocio.

Con respecto á mellora das instalacións deportivas inclúen dotar de torres de iluminación o Campo de Fútbol de Carreira, construír novos vestiarios no de Oleiros, mellorar a zona do Campo da Tasca en Aguiño con novo mobiliario e adecuar os Campos de Samil en Corrubedo como espazo recreativo.

Por último, entre as propostas de reforzo da seguranza viaria destacan a renovación da rúa Sidreiras con novo firme e beirarrúas, iluminar e pavimentar os aparcadoiros disuasorios de Ribeira, ampliar e dotar de sumidoiros a rúa Revolta de Castiñeiras, equipar de beirarrúa e pavimentado a rúa Iñeiras en Olveira, pavimentar a estrada de Lixó a Balteiro en Oleiros e instalar marquesiñas no colexio de Frións en Carreira.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.