O alumnado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal visitou en Boiro o centro de xardinaría de Espiñeira

22 Decembro 2021


O alumnado do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal – Torre Goiáns, impulsado polo Concello de Boiro, realizou este 22 de decembro unha visita ao Centro de Xardinería de Espiñeira para coñecer a finca e ver as especies que nela hai. O alumnado estivo acompañado do persoal do centro, que ilustrou a experiencia cun recoñecemento botánico de especies forestais, tanto autóctonas como foráneas.

Das especies foráneas, tendo en conta o seu uso en paisaxismo, destacaron o ciprés dos pantanos, a secuoia ou o exemplares de tulipeiro de Virxinia. Salientarion tamén a plantación de cerdeira, cun total de 1.200 pés, unha árbore de gran relevancia pola calidade da súa madeira.

A formación deste obradoiro está dividida en dúas especialidade, unha en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e outra en Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas. Ademais da formación teórica, o alumnado realizará prácticas en espazos naturais do municipio como son a finca do Pazo de Goiáns.

O Concello de Boiro desenvolve o Obradoiro de Emprego en xestión forestal – Torre Goiáns – Boiro mediante o financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.