Noia acollerá este Nadal un festival benéfico de zumba

Noia vai celebrar un Nadal solidario, participativo, integrador e formativo. Nesta liña insírense citas como a deste domingo 26 de decembro: un festival benéfico de zumba organizado por Kitis Katis Dance Class (en colaboración co Concello) a favor de ASGHOP, a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva.

O festival será como dixemos o domingo 26 de decembro, ás 19.30, no Pavillón Alonso Rodríguez.

As entradas poderanse adquirir a través de ambas asociacións. Ademais contarán cunha fila 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa compra da entrada, pero que non poidan asistir ao evento.