No Museo de Ribeira últimos días para ver a mostra “Bravura, cen anos da traxedia de Sálvora”. Recolle a traxedia do Santa Isabel

30 Decembro 2021

A mostra do centenario do Santa Isabel coa exposición “Bravura”, 100 anos do naufraxio do Santa Isabel chega o seu final o cumprirse o final do ano do centenario . A exposición inaugurada o pasado 2 de xaneiro aniversario do afundimento do vapor-correo relata o suceso desde a saída do vapor do País Vasco até o seu accidente nos baixos da Pegar na Illa de Sálvora, ademais do seu contexto cun capítulo especial dedicado á emigración, no que se
fai un repaso da emigración en Ribeira nos anos 20 e 30 a través do singular “libro de emigrantes” deste concello. A mostra será visitable ata o próximo 4 de xaneiro.

Museo Municipal de Ribeira. Foto María Fernández Pazos

Na exposición pódense ver obxectos orixinais do barco como unha campá ou a luxosa vaixela de prata rescatada do naufraxio. Tamén as medallas que recibiu o segundo oficial do vapor Luís Cebreiro ou a creada especialmente para as Heroínas de Sálvora.

Entre os contidos inéditos, destacan as notas manuscritas de Valle Inclán sobre o naufraxio coas que o autor tiña previsto escribir unha traxedia que nunca chegou a ser publicada.
A mostra, instalada no Museo Municipal de Ribeira, inaugurouse o sábado 2 de xaneiro de 2021, no mesmo día no que, cen anos antes, a veciñanza ribeirense se botaba ao mar para acudir aos náufragos dunha das traxedias marítimas máis destacadas da historia de Galicia.

O comisario da mostra e director do Museo de Ribeira, Miguel Á. Vidal Lojo explicando a exposición. Foto Beatriz Martínez del Campo y Ricoy

O vapor-correo “Santa Isabel”, con pasaxe emigrante cara a América, naufragou fronte costa da illa de Sálvora. Ía con 266 persoas a bordo, incluíndo á tripulación. Foi o terceiro maior desastre da navegación marítima de pasaxe do século XX en Galicia.
Ante a traxedia, xurdiron comportamentos humanos de solidariedade de mulleres e homes ribeirenses que acudiron ao rescate salvando e coidando aos 53 sobreviventes. Algúns recibiron destacados recoñecementos oficiais, como as coñecidas “Heroínas de Sálvora”. Catro mulleres que centraron a atención mediática da época durante meses, mesmo a nivel internacional.

A inauguración asistiran a Tenente de Alcalde María Sampedro e os voceiros dos grupos municipais Vicente Mariño, Antón Vázquez Cobas, Xose Manuel Vilas e Xurxo Ferrón. Por motivos de seguridade sanitaria non se permitiu a asistencia de público. Foto Beatriz Martínez del Campo y Ricoy

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...