Nadal con chuvascos nas primeiras horas e nuboso o resto da xornada

24 Decembro 2021

Avisos amarelos por choivas abundantes e fortes ventos en gran parte de Galicia este domingo.

Máis dun centenar de raios iluminaron Barbanza durante a madrugada. Desde a medianoite e ata as 8.00 horas caeron máis dun centenar de raios, principalmente nos concellos da ría de Arousa e sobre o mar, segundo os datos que facilita Meteogalicia.

Non se agardan cambios significativos para o día de Nadal, con Galicia na influencia das baixas presións. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes ao oeste, e chuvascos máis frecuentes e intensos ás primeiras horas e que irán a menos co avance da mañá. As temperaturas continuarán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos nas máximas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior, moderados na costa.

O domingo empeorando o tempo con choiva intensa.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:201.2 m
Preamar07:423.3 m
Baixamar14:001.1 m
Preamar20:162.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:131.2 m
Preamar07:333.2 m
Baixamar13:561.2 m
Preamar20:092.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:161.2 m
Preamar07:383.2 m
Baixamar13:591.1 m
Preamar20:122.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.