Na Pobra dúas persoas excarceradas tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban

04 Decembro 2021

Foi precisa a intervención dos Bombeiros para liberar ás dúas persoas, tras quedar atrapadas no vehículo no que viaxaban como acompañantes, despois de saírse da vía.

Segundo indicaron os profesionais da excarceración, no vehículo viaxaban tres persoas, dúas mulleres, que tras ser liberadas, foron trasladadas polos servizos sanitarios e o condutor que resultou ileso.

Unha persoa particular, ao fío das cinco desta madrugada, contactou co 112 Galicia para dar conta dos feitos. Indicaba que acababa de escoitar un golpe moi forte, por mor dun accidente, na AC-305, á altura do Río Pedras e do cruce da fábrica Franco, na Pobra do Caramiñal, pero que, desde onde chamaba, desde a súa casa, non lograba ver nada.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e á Garda Civil de Tráfico. De igual xeito, foron informados os Bombeiros de Boiro.

Así, nada máis chegar ao punto e tras comprobar que había persoas atrapadas no interior do turismo, os Bombeiros confirmaron a excarceración das dúas persoas, unha muller que viaxaba de copiloto e outra que viaxaba nos asentos traseiros do vehículo.

As dúas mulleres, unha vez liberadas, foron evacuadas e trasladadas en ambulancia polo persoal sanitario. Pola contra, o condutor, resultou ileso.

Dotacións de bombeiros con base en Boiro e Ribeira actuaron esta madrugada en accidente con atrapados na AC-305 no Concello de Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...