“Mayday Mayday Mayday”. Manuel Domínguez III

27 Decembro 2021

Cáusame alarma e tremendo malestar a falta de sensibilidade social.

Nestes días en que nos felicitamos todos unha vía telefónica, outros por Internet, pero eu quixera facelo con máis calor humana, quixera enviar unhas postais de Nadal, escritas da miña propia man, non a frialdade dun computador, quixera usar a miña estilográfica e imprimir en tinta os meus desexos de felicidade, de paz e ben, pero resulta que en dúas librarías do Barbanza, non teñen postais de Nadal.

Talvez, non as encarguen por falta de vendas, e non as repoñen, o que me causa desacougo, isto indica que talvez a xente non se saúda ou se saúda a través de tecnoloxías sen fíos, talvez reciban unha mensaxe ilexíbel, onde tres vocais e catro consonantes sexan bastantes para expresar un sentimento.

Os chineses entenden a palabra crise como oportunidade.

Así pois crear as postais eu mesmo cos lapis de cores, hai anos facer isto deume moitísima sorte, agora regalar saúdos e arte, todo xunto e ao mesmo prezo, só espero atopar selos na oficina de correos, seria tráxico escoitar unha resposta negativa.

Pregúntome cando foi a última vez que escribiches a man, lembras o cheiro da tinta, Parker, Pelikan, Waterman, escribir a man é tan inusual, que até parece un agasallo, así o sinto eu.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...