“Máis selectividade e menos redución de cotas”. Antón Luaces

02 Decembro 2021

O ministro español de Pesca, Luis Planas,. trasladou á presidencia da UE as prioridades españolas diante do próximo Consello de Ministros de Pesca. Trátase da posición de España verbo da proposta da Comisión para o Mediterráneo, que aposta por aplicar medidas alternativas como a selectividade, xa testada polos institutos científicos e que xa se amosaron válidas para a consecución dos obxectivos de recuperación dos stocks.
Tamén imformou de que España non concorda coa aplicación de reducións  adicionais de dís de esforzo e dos Totais Admisibles de Capturas (TAC) para a gamba roxa proposta pola CE.O ministro trasladou tamén a súa disconformidade con algunhas das propostas para as poboacións do Atlántico como as reducións para a pescada sur e o linguado.O traslado deste posicionamento español foi realizado nunha vídeo-conferencia de Luis Planas con Joze Podgorsek, ministro esloveno de Pesca cuxo país ostenta este semestre a presidencia da UE sendo o propio Podgorsëk  quen presida o Consello de Ministros de Agricukltura e Pesca que debe decidir sobre os TAC e cotas para 2022 os vindeiros díass 12 e 13 en Bruxelas. Durante a conversa, Planas incidiu na necesidade de contemplar medidas alternativas como a selectividade das artes de pesca, medidas que xa foron testadas polos institutos científicos españois cuxos resultados foron presentados á Comisión Europea, einidcan que coa súa aplicación resulta factible acadar os obxectivos do Plan de Xestión Plurianual para as poboacións demersais do Mediterráneo Occidental.España, sinalou o ministro Planas, non pode aceptar a aplicación dunha redución adicional de días de esforzo para as frotas de arrastre, un novo résime para o palangge e as aplicación de TACs para a gamba de fondo, que terían un impacto moi negativo e impedirían garantir a viabilidade da frota de arrastre do Mediterráneo dentro dos límites de sustentabilidade socio-económica que establece a Política Común de Pesca (PPC).Antes de acometer recurtamentos tan drásticos é necesario -dixo o ministro español- dar tempo para coñecer os resultados das medidas  que xa se están a aplicar.Tocante ás poboacións do Atlántico, o ministro trasladou a súa preocupación pola proposta de novos recurtamentos para a pescada sur. España non concorda co enfoque precautorio aplicado pola Comisión, si se ten en conta os datos históricos dispoñibles para este stock á espera da avaliación a realizar na primavera de 2022 sobre a situación desta poboación. De aplicarse a redución proposta pola Comisión, veríase comprometida a continuidade do importante número de buques españois que  sde dirixen a este recurso.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...