Lousame inicia unha campaña de recollida de alimentos polo Nadal

09 Decembro 2021

O Concello de Lousame pon en marcha unha recollida solidaria de alimentos para as familias necesitadas do municipio. As persoas e entidades interesadas en colaborar nesta campaña municipal poden entregar as súas doazóns na casa consistorial de Lousame ata o próximo venres 24 de decembro. Os alimentos recollidos serán repartidos
entre as familias máis necesitadas do municipio.
Esta campaña busca recoller alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas… sempre que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente empaquetados e etiquetados. A maiores, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, tamén se solicitan produtos de Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.