Lousame Concilia achega 20 prazas para os vindeiros períodos de vacacións

03 Decembro 2021

O Concello de Lousame abrirá o 9 de decembro o prazo de inscrición do seu programa para facilitar o día a día das familias en tempo de vacacións. Trátase de Lousame Concilia, iniciativa de conciliación familiar que se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. O Concello de Lousame ofrece 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame entre o 9 e o 13 de decembro.

O Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 12 anos que se celebra durante os días laborábeis dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello de Lousame convoca 20 prazas para os próximos tres períodos vacacionais: Nadal (12 días: 22, 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro; e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro), Entroido (3 días: do 28 de febreiro ao 2 de marzo) e Semana Santa (4 días: 11, 12, 13 e 18 de abril).

Para anotarse, o Concello explica que as familias só terán que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude (que poden descargar da web do Concello), unha declaración xurada de residencia efectiva e acreditábel en Lousame e presentar a última nómina ou recibo de persoas autónomas para acreditar a situación laboral. As familias monoparentais deberán achegar tamén certificado emitido pola Xunta de Galicia. Os ingresos mensuais da unidade familiar non deberán superar os 3.495,96 €/mes (4.020,35 €/mes no caos de familia monoparental ou numerosa).

Así mesmo, dende Servizos Sociais lembran que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos ao Lousame Concilia en datas concretas, sempre que queden prazas vacantes. Para máis información cómpre contactar coa Concellería de Igualdade a través dos teléfonos 981 820 494 ou 689 126 385. Lousame Concilia vén da man do Concello e está co-financiado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.