Isorna celebra este sábado 18 a figura de Faustino Rey Romero

14 Decembro 2021

A parroquia rianxeira de Isorna vai homenaxear este 18 decembro ao escritor local, sacerdote e ilustre veciño Faustino Rey Romero. A cita será organizada pola Comunidade de Montes de Isorna e a Asociación Sociocultural Faustino Rey Romero, coa colaboración do Concello de Rianxo:

Programa

-16.00 h. Cemiterio de Isorna: acto relixioso na memoria de Faustino Rey Romero (50 cabodano do seu pasamento) e ofrenda floral na súa sepultura. Acompañamento polo Grupo de Gaitas: Río de Anxo.

-17.00 h. Casa da República: descuberta de placa conmemorativa polo centenario do nacemento de FRR e intervención de Xesús Santos co relatorio Faustino Rey Romero, Unha sotana transparente, louvando a figura do poeta de Isorna.

Ao remate das actividades convidarase ao público asistente a un chocolate con churros.

A Casa da República en Isorna, Rianxo, nunha imaxe de Obaixoulla.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...