“Insolidariedade pesqueira” – José Manuel Pena

09 Decembro 2021

A quen beneficia a falta de unión e solidariedade no sector pesqueiro? Desde logo ao propio sector non, en cambio si que poida que sexa á administración e xestores públicos, aos intermediarios, ás grandes compañías armadoras e navieras, entre outras entidades. En Galicia, a pesca de baixura sempre estivo inmersa nunha loita constante pola defensa dos dereitos adquiridos e tradicionais de cada sector extractivo.

Loxicamente os tempos cambian, e o número de embarcacións aumentan, son máis modernas e cada vez, en tempos de crises moito máis grandes, é maior o número de persoas que buscan unha saída profesional na pesca ou o marisqueo. Aquí as diferentes administracións, en principio as encargadas de velar polo ben xeral e o interese público, vense na obrigación e a necesidade de regular o sector, en moitas ocasións alleas á realidade social, económica e ao propio ecosistema mariño, pero sempre coa razón da obriga legal de ter que desenvolver as súas competencias e por tanto cumprir coas súas obrigacións. Claro que sería mellor, sempre, por consenso pero, en ocasións, non é posible e ao final aplícanse as normas, xustas e inxustas, ante a propia desunión e desacordo do sector.

Os tres grandes sectores pesqueiros de Galicia, como son o arrastreiro, o palangreiro e o marisqueiro en escasas ocasións deciden unirse para artellar unha fronte común ante as numerosas normativas e disposicións legais inxustas e abusivas, a non ser que lles prexudique directamente, e así mal imos, nunha das rexións con maior tradición pesqueira da Unión Europea e coas peores perspectivas de futuro.



Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...