
A Igrexa Cristiana Evanxélica ICE Renovación de Ribeira, dirixida polo pastor Jonathan Figueirido Woodford, está a realizar unha campaña de recollida de xoguetes. O recollido está destinado ós fillos dos beneficiarios da obra social, unhas 75 familias.
As entregas de xoguetes en bo estado realizarase no baixo da Rúa Cervantes 11 de Ribeira, poderá facerse de luns a venres de 13 a 14,15 horas.
Ademais de doazóns particulares hai unha doazón importante recollida pola empresa Congalsa. Os xoguetes daranse ás familias o día 28 de decembro
