“Galicia: un macroparque eólico mariño cunha potencia de 1,2 xigawatios”. Antón Luaces

06 Decembro 2021

“É importante que o goberno atine tendo en conta as propostas que lle estamos a presentar desde as autonomías”. “O denvolvemento da eólica mariña só será posible desde un clima de traballo e entendemento que aporte certezas e confianza desde o respecto, equilibrio e compatibilidade de todas as actividades e preservación”. 

Así falou Francisco Conde, vicepresidente económico da Xunta, ao se referir ao futuro eólico de Galicia. Un futuro que contempla, se as cousas non mudan, un proxecto para a construción dun parque eólico mariño de 1,2 GW situado na Comunidade galega.

Non  hai datos sobre a personalidade de quen promove este “servizo”, pero o Ministerio de Transición Ecolóxica, no seu portal de avaliacións ambientais permite coñecer -segundo informa ECONOMÍA DIXITAL GALICIA- a posibilidade de que unha compañía instale nas costas galegas un macroparque de eólica mariña que, ao de agora mesmo, sería o máis grande a ubicar, cunha potencia de 1,2 GW. 

De promotor descoñecido a citada publicación refírese á constitución en Madrid, o pasado mes de outubro, da sociedade Parque Eólico Marino Nordés que, cun capital social de 3.000 euros e en alianza con Sener, presentou no devandito Ministerio outro megaproxecto de eólica mariña frotante en Cataluña: o Parque Tramuntana que, nunha primeira fase acadaría os 500 megawatios para chegar ata os 1.000 nunha segunda. Estaría ubicado, sinala EDG, fronte ao Empordá, en Girona, nunha zona moi venteada a unha distancia da costa inferior aos 30 quilómetros. Sener tamén proxecta instalar en Almería Mar de Ágata, outro parque eólico que se ubicaría entre Níjar e Carboneras, cunha capacidade de xeración de 300 MW.

Podería ser o mesmo promotor do proxecto en Galicia?.

A compañía Iberdreola é outro dos aspirantes a se facer coa opciòn de instalar na Comunidade Autónoma Galega eses macroparques. En concreto, dous que sumarían máis de 2.000 megawatios. Non se desbota a posibilidade de que se instalen fronte ao polígono de Sabón (Arteixo) e entre Cariño e Viveiro. 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.