Galicia pechará a hostalería e restauración a medianoite todos os días excepto venres e sábados, que se amplía á 1 da mañá

O conselleiro de Sanidade dirixiuse este martes aos galegos para, tras realizar un repaso da delicada situación epidemiolóxica actual – 3.299 contaxios nas últimas 24 horas, novo récord diario-, anunciar novas restricións que entrarán en vigor o 31 de decembro e estarán vixentes ata o 18 de xaneiro.

Galicia pechará a hostalería e restauración a medianoite todos os días excepto venres e sábados, que se amplía á 1 da mañá. O horario do lecer nocturno redúcese ás 2 e ponse en marcha un «toque de non queda» entre 2 e 6 da mañá. Só poderase transitar pola rúa sós ou con persoas da mesma unidade familiar.
Medidas 31/12-18/1:
Peche hostalería 00:00 excepto venres e sábado peche ás 01:00
Prohibido apertura hostalería o dia1 antes das 10:00
Certificado covid obrigatorio 24 horas hosteleria entre as 02:00 e as 06:00 non se pode quedar. Só transitar ou pasear con unidade familiar convivente.
Máscara obrigatoria en traballo
Máscara obrigatorio en exterior
Prohibido consumo en barra
2 unidades familiares Noitevella
recomendación cabalgatas estáticas
prohibidos grandes concertos de pé.