“Folla de ruta para a eólica mariña” – Antón Luaces

20 Decembro 2021

O rato tras o gato. É o mundo ao revés. Pero non teñen en conta o dito de Ernesto Guevara: “Poderán cortar todas as flores, pero nunca rematarán coa primavera”. Traduzo: poderán instalar muíños de vento no mar, e os peixes non virán ás lonxas. Comeremos pedras.

Si, o Goberno aprobou a folla de ruta para dar pulo á eólica mariña, destinando 200 millóns a I+D para xerar ata 3 GW no ano 2030 e 40.000 empregos. Non din cantos mariñeiros van perder os seus postos de traballo por esa eólica que non se rexeita, pero si á instalacións dos seus xeradores nas zonas de pesca máis importantes de Galicia.

O Consello de Ministros aprobou o pasado 14 de decembro esa folla de ruta que tenta levar a España ao liderado industrial no desenvolvemento de solucións de enerxía eólica mariña en plataformas flotantes.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico define o texto como unha estratexia con 20 liñas de actuación para acadar entre 1 e 3 xigawatios de potencia de eólica mariña flotante en 2030. É o 40% do obxectivo que a UE marcou para o remate da década. No proxecto de España prevese a produción de ata 60 megawatios doutras enerxías do mar en fase precomercial, como as das ondas ou as mareas.

España é líder no desenvolvemento da investigación deste tipo de tecnoloxía, sendo españolas 27 das patentes que existen da mesma. As arelas do Goberno con esta folla de ruta é que todo ese desenvolvemento tecnolóxico se traduza en avance industrial para a xeración de enerxía limpa e na creación de 40.000 novos empregos cualificados ao longo da implementación da devandita folla de ruta.

Situar a España no centro de referencia europeo para deseño, escalado e demostración destas novas tecnoloxías, reforzando as plataformas de ensaio e ofrecendo o mellor entorno e o máis rápido para aprobar novos prototipos é un primeiro paso. Para facelo así destinará o Goberno 200 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperacuión, Ttransformación e Resilliencia para financiar ata 2023 proxectos en fase de probas e I+D. Ao mesmo tempo avaliaranse as necesidades da infraestrutura portuaria, onde se deben investir de 500 a 1.000 nillóns para cubrir as novas necesidades loxísticas.

Un segundo paso abordará as capacidades industriais para o desenvolvemento dos proxectos, incidindo nas sinerxías con sectores xa avanzados como o naval, o siderúrxico ou a experiencia na enerxía eólica terrestre. O piar central das enerxías renovables no mar serás a sustentabilidade baseadas nun despregamento ordenado en base aos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo, actualmente en información pública, que aproveitará o despregue destas tecnoloxías para incorporar sistemas de monitoraxe do medio mariño, facilitando a súa conservación e mellorando o coñecemento das interaccións e afeccións das distintas actividades.

Toda unha planificación específica que, sen embargo, nin sequera fai mención ao grao de afectación que a mesma ten para o sector marítimo-pesqueiro que, ao que se pode observar. Non ten valor algún non para se opoñer ao proxecto eólico mariño, senón para conciliar os intereses de todas as partes.

E a pesca é a primavera que non debe desaparecer polo feito de que se corten as flores.

Outros artigos

“Cento setenta e sete formas de nomear a chuvia”. Alberto Barciela

Como corrixir a chuvia, como inquietala. Esta reflexión sitúanos ante a paradoxa dun elemento que, sendo indómito, se volve íntimo a través da palabra. A experiencia, cando é persistente e profunda, fai pródiga á mente humana, obrigándoa a buscar na linguaxe a...

+

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

Poucas veces alcanza tanta notoriedade un membro da Corporación municipal de Lugo como agora ocorre con María Reigosa, incorporada xa avanzada a lexislatura por parte do P.S.O.E. O protagonismo dos concelleiros queda diluído no papel dos grupos municipais, como o dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.